Bos días familias!!!
Dende o Departamento de Orientación, queremos facilitarvos unha serie de actividades e recursos para poder levar a cabo cos vosos fillos e fillas durante esta cuarentena.
Para facilitarvos esta labor, acabamos de crear este blog, no que colgaremos diversos materiais que podades empregar dende os vosos fogares, actualizarémolo regularmente.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Esperamos vervos pronto.