jueves, 7 de mayo de 2020
CREATIVIDADE E LINGUAXE ORAL
Estas actividades fomentan a creatividade e a expresión oral, espero que vos divirtan e pasedes un bo rato con elas.
- Xogade a inventar contos utilizando a técnica do Binomio Fantástico de Gianni Rodari que consiste en pedirlle ao neno ou nena que diga dúas palabras ao azar. Aquí o importante é que esas palabras non teñan relación entre si. É dicir, se din por exemplo “casa” e “ventá” habería que cambiar as palabras por outras moito máis distantes como “gato” e “barco”. A partir de aquí, podedes inventar unha historia que conteña estas dúas palabras.
- Outra técnica de Gianni Rodari, consiste en preguntarlle que pensn que sucedería despois do final dalgún conto xa coñecido por el.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Hoxe traémosvos unha proposta para os máis maiores (5º e 6º de Educación primaria), esperamos que vos guste: Proposta: Visualizar o v...
-
Hoxe deixamos un conto para os máis pequenos da casa. Proposta: Escoitar o conto Debuxar un polo Coller un papel amarelo e facer anaqu...