Estas actividades fomentan a creatividade e a expresión oral, espero que vos divirtan e pasedes un bo rato con elas.
- Xogade a inventar contos utilizando a técnica do Binomio Fantástico de Gianni Rodari que consiste en pedirlle ao neno ou nena que diga dúas palabras ao azar. Aquí o importante é que esas palabras non teñan relación entre si. É dicir, se din por exemplo “casa” e “ventá” habería que cambiar as palabras por outras moito máis distantes como “gato” e “barco”. A partir de aquí, podedes inventar unha historia que conteña estas dúas palabras.
- Outra técnica de Gianni Rodari, consiste en preguntarlle que pensn que sucedería despois do final dalgún conto xa coñecido por el.
No hay comentarios:
Publicar un comentario